Filosofía Areanostra

Camiñar amodo tamén é unha forma de volver á casa.

Areanostra nace na costa galega, entre a calma e a forza do Atlántico. Deseñamos calzado para lembrar algo sinxelo: que cada paso pode ser unha pausa, un instante de volta á orixe.

Sobre nós

Areanostra nace na costa galega, entre a calma e a forza do Atlántico. Alí onde o vento cambia a paisaxe, pero a esencia permanece.

Creemos en caminar despacio, en sentir el suelo, en volver al origen. Cada par es una invitación a reconectar con lo que importa: el mar, la arena y ese instante en que el pie toca tierra y todo se detiene.

Non é só calzado. É a sensación de volver á casa, aínda que esteas lonxe.

Personas caminando despacio por la orilla
A nosa maneira de mirar o mar

Deseñamos ao ritmo do Atlántico.

Deseñamos ao ritmo do mar, coa calma de quen observa as mareas e aprende delas. Areanostra non busca seguir a moda, senón o movemento natural da vida.

En cada liña, en cada forma, hai algo de Monte Louro, coa súa silueta serena que vixía a ría; de Fisterra, onde o mundo parece deterse ao caer a tarde; de Corrubedo, coas súas dunas vivas que cambian con cada vento; e de Doniños, onde as ondas rompen con forza e liberdade.

Tamén hai algo do silencio de Traba, do brillo de Sanxenxo ao solpor, do horizonte aberto da Lanzada. Do rumor das ondas en Pantín, do azul profundo de Cedeira, da brétema suave de Muxía e do sol que se agocha detrás das Illas Cíes. Cada recuncho desta costa infinita deixa a súa pegada en nós: o norte que ruxe, o sur que abraza, a marea que une todo.

Cremos no que permanece: na textura da area fría, no son do vento cando roza o cantíl de Loiba, na paz que dá mirar o horizonte desde o cabo Vilán.

Cada par de Areanostra garda un pouco desa enerxía. A do mar que nunca se detén. A dun lugar que che lembra quen es cada vez que o pisas.

Monte Louro Fisterra Corrubedo Doniños Traba Sanxenxo A Lanzada Pantín Cedeira Muxía Illas Cíes Loiba Cabo Vilán
Produto

Camiñar con Areanostra é volver sentir.

Camiñar con Areanostra é volver sentir. O chan, a area, a liberdade.

O noso calzado está deseñado para acompañar a forma natural do corpo: flexible, lixeiro e honesto. A sola, fina pero firme, invita a sentir cada textura do terreo, coma quen volve pisar a beira despois de moito tempo. É a fronteira perfecta entre o pé e a terra: o xusto para protexer, o suficiente para sentir.

As liñas laterais que percorren o zapato evocan o debuxo das ondas cando tocan a area: suaves, constantes, vivas. Son unha homenaxe a ese límite cambiante entre o mar e a costa, onde todo comeza e remata.

A cor beige representa a calidez da area galega, esa calma dourada do final do día; o azul, a profundidade do océano e a serenidade que inspira. Xuntos crean un equilibrio visual e emocional: terra e mar, quietude e movemento.

O interior abraza o pé como o fai a auga cando entra por primeira vez entre os dedos. Cada material, cada curva, busca unha cousa: que o pé se sinta libre, auténtico, conectado.

Non deseñamos moda. Deseñamos sensación: a da primeira pisada sobre a beira.

Sola fina, honesta

Protexe o xusto e deixa que sintas a textura do terreo baixo os teus pés.

Liñas de onda

As curvas laterais evocan o movemento do mar ao atoparse coa area.

Cores atlánticas

Beixe area e azul océano: equilibrio entre calma e profundidade.

Interior que abraza

Materiais suaves que recollen o pé sen imporse, deixando espazo para ser.

Detalle de la suela Areanostra
Sola fina e flexible, pensada para sentir cada relevo.
Líneas laterales inspiradas en las olas
Liñas laterais que lembran ao debuxo das ondas na beira.
Detalle de color beige y azul
Beixe area e azul océano: terra e mar nun mesmo paso.
Movimiento del zapato sobre la arena
Movemento natural sobre a area, sen présa.
Galicia en cada paso

O mar como forma de vida.

Cremos no que dura. No que se fai sen présa, con alma e con respecto. Os nosos valores son os do mar: autenticidad, calma, liberdade e equilibrio.

Cada par nace da mesma promesa: que o esencial nunca pase de moda. Deseñamos para acompañar, non para substituír; para lembrar que cada paso deixa pegada, aínda que o mar a borre despois.

Areanostra é o reflexo dunha forma de vivir máis serena, máis consciente. Unha invitación a moverse con intención, a vivir amodo, a camiñar como quen escoita a vida en silencio.

Porque Galicia non se leva nos pés para andar, lévase para deterse, mirar ao horizonte e lembrar que, ás veces, a liberdade tamén ten forma de onda.

Autenticidade

Deseñamos desde a verdade da costa galega, sen disfraces nin artificios.

Calma

Cada par invita a baixar o ritmo e gozar do camiño, non só do destino.

Liberdade

Queremos pés libres, pasos propios e rutas que non estean marcadas por ninguén máis.

Equilibrio

Entre protección e sensación, entre terra e mar, entre movemento e pausa.

Benestar

O noso compromiso coa saúde mental

En Areanostra entendemos o benestar como algo profundo, silencioso e necesario.

Como o mar cando está en calma, a mente tamén precisa espazos onde poder descansar, recompoñerse e respirar.

Nacemos na costa galega, un lugar que ensina a escoitar, a baixar o ruído e a vivir con máis conciencia. Dende aí xorde o noso compromiso: camiñar con sentido e coidar aquilo que non sempre se ve, pero que o sostén todo.

Por iso, unha parte dos nosos beneficios destínase a asociacións que protexen, fortalecen e dignifican a saúde mental, como FEAFES Galicia e ALUME.

Cremos que avanzar tamén é aprender a parar, e que camiñar descalzos pode ser o primeiro paso para volver a un mesmo.

Se queres coñecer máis sobre este compromiso, escríbenos. Camiñamos con calma, pero con intención.

Playa gallega al atardecer
Olas rompiendo en la orilla
Detalle de arena y huellas

Galicia, barefoot e comunidade.

Este proxecto tamén é unha beira compartida: persoas que queren camiñar distinto, descubrir a costa con outros ollos e reconectar co esencial.

Podes seguir as nosas mareas, compartir os teus pasos e formar parte da comunidade barefoot atlántica.

Scroll ao inicio