Contacto

Falemos de mareas, pasos e beiras.

Se tes dúbidas sobre tallas, envíos, barefoot ou simplemente queres contarnos desde onde nos escribes, aquí tes a túa beira.

Cóntanos en que podemos axudarche.

Intentamos responder sempre nun prazo de 24–48 horas laborables.

Contacto Areanostra

Outras formas de atoparnos.

Email

Para calquera dúbida xeral ou sobre pedidos.

info@areanostrashop.com

Redes

Gústanos ver os teus pasos pola costa.

Pedidos e envíos

Se xa fixeches un pedido, ten a man o teu número de referencia para poder axudarche máis rápido.

Colaboracións

Se es creador/a de contido, tenda ou medio, escríbenos co asunto “Colaboración Areanostra”.

Somos un equipo pequeno, coma as ondas ao principio da marea. Pero lemos cada mensaxe con calma.

Nacidos na costa galega.

Non temos tenda física aberta ao público (de momento), pero todo o que facemos nace mirando ao Atlántico.

Galicia · España

Modelo Monte Louro vista 3/4

Preguntas frecuentes.

Algunhas dúbidas que adoitan chegar á nosa beira.

Canto tarda en chegar o meu pedido?

Os envíos peninsulares adoitan tardar entre 2 e 5 días laborables desde a confirmación do pedido. En épocas de alta demanda (campañas, festivos) os prazos poden ampliarse lixeiramente.

Como podo cambiar de talla?

Escríbenos indicando o teu número de pedido e a talla que necesitas. Explicarémosche os pasos para xestionar o cambio de forma sinxela.

É o calzado barefoot “real”?

O noso deseño está pensado para respectar a forma natural do pé: punta ampla, sola fina e flexible e drop case nulo. Na páxina de cada modelo atoparás máis detalles.

Facedes envíos fóra de España?

De momento traballamos principalmente no territorio nacional. Se che interesa recibir Areanostra desde outro país, escríbenos e vemos posibilidades.

Teño unha tenda / proxecto e gustaríame colaborar.

Encántannos as colaboracións con proxectos aliñados coa nosa forma de entender o mar, o deseño e o movemento consciente. Cóntanos a túa idea e valorámola xuntos.

Escríbesnos dende a beira ou dende a cidade?

Esteas onde esteas, grazas por querer formar parte desta marea.

Abrir formulario de contacto
Scroll ao inicio