Azul, Calma, Horizonte
Hai lugares que non se explican; respíranse. Monte Louro é un deles. Desta sensación nace este modelo: camiñar lixeiro, sentir o terreo que cambia e deixar que o paso atope a serenidade que aparece cando o mar se abre diante e non hai nada máis.
Elixe a túa versión
O azul que respira en cada beira
Monte Louro inspira este modelo, pero a súa esencia pertence a todo o Atlántico: esa liña onde a rocha se entrega ao océano, o aire cheira a sal e o horizonte parece non ter fin.
O seu ton océano e as súas formas suaves lembran ao vaivén da auga na beira. Lixeiro, estable e flexible, acompaña eses paseos que comezan na area, seguen pola rocha e rematan onde cada quen atopa o seu propio camiño.
Monte Louro, en todos os seus ángulos.
Cada vista conta algo do seu carácter: atlántico, sereno e preparado para camiñar.
Sola fina, agarre atlántico.
A sola de Monte Louro é fina para conservar a sensación barefoot, pero conta co agarre necesario para moverte con seguridade por terreos cambiantes: area húmida, rocha costeira e sendeiros xunto ao océano.
- Flexibilidade total: acompaña cada paso, incluso cando o terreo se volve irregular.
- Agarre coidado: tacos deseñados para funcionar igual de ben en area, pedra mollada e asfalto.
- Drop de 4 milímetros: unha pisada máis natural, estable e consciente, pensada para rutas onde a costa marca o ritmo.
O que fai barefoot a Monte Louro.
Espazo diante
Puntera ampla para que os dedos se abran e se adapten ao terreo sen presión.
Lixeireza real
Materiais lixeiros que desaparecen cando camiñas. Nótao ao final do día.
Flexión natural
A sola flexiónase de punta a talón, coma se camiñases descalza sobre a area.
Plantilla extraíble
Dispoñible na nova versión: retíraa para unha experiencia aínda máis barefoot ou substitúea se o precisas.
Materiais frescos, pensados para o mar.
O interior de Monte Louro está deseñado para acompañar o pé en días de brisa, sol e paseos longos. Suxeita sen apertar, protexe sen impoñerse.
Interior confortable
Forros suaves que evitan rozaduras y permiten caminar durante horas.
Upper transpirable
Malla y tejidos que dejan pasar el aire, incluso en días más cálidos.
Azul Monte Louro
Un azul profundo que recuerda al océano al pie del monte: limpio, sereno y vivo.
Monte Louro en su hábitat natural.
Cantís suaves, rutas xunto ao mar e solpores longos.
Monte Louro Orixinal
A versión clásica. Lixeira, atlántica e preparada para cada paso xunto ao océano.
Comprar OrixinalMonte Louro · Plantilla extraíble
Todas as cualidades do orixinal, agora con plantilla extraíble para adaptar a experiencia ao teu pé.
Comprar con plantilla extraíble
